Xogos Olímpicos de 1896
primeira edición dos Xogos Olímpicos da era moderna / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Xogos Olímpicos de 1896 (en grego: Θερινοί Ολυμπιακοί Αγώνες 1896; Therinoí Olympiakoí Agónes 1896) foron os primeiros Xogos da era moderna e foron realizados en Atenas (Grecia), berce dos xogos da antigüidade, entre os días 6 e 15 de abril de 1896, coa participación de 241 atletas, todos homes, representando catorce países, grazas ao empeño visionario do francés Pierre de Frédy, o Barón de Coubertin, idealizador do renacemento dos xogos existentes na Grecia antiga, mentor do movemento olímpico e fundador do Comité Olímpico Internacional.
Nome oficial | Spiller vun der I. Olympiad |
---|---|
Tipo | Xogos Olímpicos de Verán |
Número de participantes | 14 241 |
Localización e Datas | |
Eventos olímpicos | 43 |
Localización | Atenas (Município de Atenas (pt) ) Estádio Panathinaiko (pt) (Município de Atenas (pt) ) |
País | Reino de Grecia |
Intervalo de tempo | 6 de abril de 1896 – 15 de abril de 1896 |
Número de edición | 1 (1896) |
Aberto oficialmente por | Xurxo I de Grecia |
Competición | |
Resultado | Carl Schuhmann |
Outro | |
Páxina web oficial | olympics.com… |
Sen ningunha experiencia na organización de semellante evento, os organizadores dos primeiros xogos case arruínan a propia competición, por mor da diversidade de datas, pois os gregos utilizaban entón o antigo calendario xuliano paralelo ó convencional usado pola civilización occidental, facendo que existise unha diferenza de doce días entre ambos, o que atrapallou a inauguración dos Xogos e a chegada dos atletas dos diversos puntos do planeta.
A cerimonia de inauguración acabou acontecendo nun domingo de Pascua, co discurso de apertura proferido diante de cen mil espectadores polo propio Xurxo I, de Grecia, após a inauguración dunha estatua –que existe aínda hoxe– na entrada do estadio Panathinaikos, principal palco das competicións e unha marabilla arquitectónica toda de mármore, en homenaxe ó rico financeiro ateniense Georgius Averoff, responsable da restauración e modernización do estadio e financiador da organización do evento, o que impediu a súa cancelación antes mesmo de iniciado, debido ás penosas condicións do erario real grego.
Os países representados polos seus atletas en Atenas e que se converteron nos pioneiros na participación dos Xogos Olímpicos foron: Alemaña (dezanove atletas), Australia (1), Austria (3), Chile (1), Dinamarca (3), Exipto (1), Estados Unidos(14), Francia (13), Hungría (7), Italia (1), Reino Unido (10), Suecia (1), Suíza (3) e a anfitrioa Grecia con 168 atletas.[1]
As nove modalidades deportivas disputadas foron: atletismo, ciclismo, esgrima, ximnasia, halterofilia, loita, natación, tenis e tiro.