Xogos Olímpicos de 1920
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Xogos Olímpicos de 1920 foron realizados en Antuerpen, en Bélxica, nunha homenaxe do COI ó sufrimento inflixido ó pobo belga durante a primeira guerra mundial, que inclusive impediu a realización dos Xogos de 1916, anteriormente marcados para Berlín. Atletas de 29 países, nun total de 2561 homes e 65 mulleres participaron de 24 deportes nun total de 154 modalidades. Abertos polo Rei Alberte o 20 de abril, duraron até o 12 de setembro.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
Nome oficial | Spiller vun der VII. Olympiad |
---|---|
Tipo | Xogos Olímpicos de Verán |
Deporte | patinaxe artística sobre xeo, Salto ornamental, fútbol, wáter-polo, tenis, hóckey sobre herba, natación, Remo, ciclismo de competición, Tiro deportivo, Tiro de corda, halterofilia, vela, rugby a 15, corfebol (pt) , polo, loita, tiro con arco, hóckey sobre xeo, esgrima, deporte ecuestre, Péntatlon moderno, Ximnasia, Boxeo e atletismo |
Número de participantes | 29 2.622 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Eventos olímpicos | 156 |
Localización | Antuerpen (Distrito de Antuerpen) Estádio Olímpico de Antuérpia (pt) (Antuerpen) |
País | Bélxica |
Intervalo de tempo | 20 de abril de 1920 – 12 de setembro de 1920 |
Número de edición | 7 (1920) |
Aberto oficialmente por | Alberte I de Bélxica |
Xuramento feito por | Victor Boin |
Competición | |
Resultado | Bélxica Seleção do Canadá de Hóquei no Gelo |
Outro | |
Páxina web oficial | olympics.com… |
Os Xogos de Antuerpen foron notables polo feito de ser izada por primeira vez a bandeira olímpica (branca con cinco aneis no centro representando os cinco continentes), ter habido unha pioneira solta de pombas simbolizando a paz e terse realizado o Xuramento dos Atletas, lido polo esgrimista e xogador de wáter-polo Victor Boin.