Xogos Olímpicos de 1972
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Xogos Olímpicos de 1972 foron realizados en Múnic entre o 26 de agosto e o 10 de setembro de 1972 e até o comezo de setembro estaban a ser considerados os mellores, máis pacíficos e tecnicamente perfectos de todos os tempos, cando foron transformados no maior pesadelo ocorrido na historia das Olimpíadas.
Nome oficial | Spiller vun der XX. Olympiad |
---|---|
Tipo | Xogos Olímpicos de Verán |
Mascota | Waldi (pt) |
Composto por | badminton at the 1972 Summer Olympics Judo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1972 Saltos ornamentais nos Jogos Olímpicos de Verão de 1972 + ../... 24 |
Número de participantes | 121 7.134 |
Localización e Datas | |
Eventos olímpicos | 195 |
Localización | Estadio Olímpico de Múnic (Múnic) 48°10′23″N 11°32′48″L |
País | Alemaña |
Intervalo de tempo | 26 de agosto de 1972 – 11 de setembro de 1972 |
Número de edición | 20 (1972) |
Aberto oficialmente por | Gustav Heinemann |
Xuramento feito por | Heidi Schüller (pt) Heinz Pollay (pt) |
Facho acendido por | Günter Zahn (pt) |
Outro | |
Páxina web oficial | olympics.com… |
Coa participación récord de 121 estados e 7.134 atletas, foron organizados polos alemáns para celebrar a paz e nos seus primeiros dez días a competición deportiva de alto nivel alí realizada marabillaba ó mundo. Mais na madrugada do día 5 de setembro, cinco palestinos do grupo terrorista Setembro Negro invadiron a Vila Olímpica, mataron a dous membros do equipo de Israel e tomaron a nove reféns. O que se seguiu, coa paralización temporal dos Xogos e a morte de todos os reféns israelís, ficou coñecido como o Masacre das Olimpíadas de Múnic.
Con todas as bandeiras dos países participantes a media hasta e unha misa no estadio olímpico en honra das vítimas, após 34 horas de interrupción os Xogos volveron a reanudarse, despois da insistencia e a célebre frase do Presidente do COI, Avery Brundage: “Os Xogos deben continuar!”