Xogos Olímpicos de 1980
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Xogos Olímpicos de 1980 foron celebrados en Moscova (Unión Soviética) entre o 19 de xullo e o 3 de agosto. Inaugurounos o presidente Leonid Brezhnev e contaron coa participación de 5.179 atletas de 80 estados, o máis baixo comparecemento ós Xogos dende Melbourne 1956, debido ó maior boicot realizado na historia olímpica, cando a inxerencia da política no deporte chegou a seu punto máis alto e decisivo.
Nome oficial | Spiller vun der XXII. Olympiad |
---|---|
Tipo | Xogos Olímpicos de Verán |
Mascota | Misha (pt) |
Composto por | Lutas nos Jogos Olímpicos de Verão de 1980 Saltos ornamentais nos Jogos Olímpicos de Verão de 1980 Hipismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1980 + ../... 23 |
Número de participantes | 80 5.179 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Eventos olímpicos | 203 |
Localización | Moscova (Rusia) 55°45′21″N 37°37′04″L |
País | Unión Soviética |
Intervalo de tempo | 19 de xullo de 1980 – 3 de agosto de 1980 |
Número de edición | 22 (1980) |
Aberto oficialmente por | Leonid Brezhnev |
Xuramento feito por | Nikolai Andrianov Aleksandr Medved (en) |
Facho acendido por | Sergei Belov |
Outro | |
Páxina web oficial | olympics.com… |
No comezo de 1980, como protesta contra a invasión soviética de Afganistán, o presidente norteamericano Jimmy Carter anunciou o boicot da súa nación ós Xogos Olímpicos de Moscova no ano seguinte, conclamando ós seus aliados polo mundo a daren o mesmo exemplo; 69 estados seguiron o camiño dos Estados Unidos, levando estes Xogos a un nivel de calidade máis baixo. Mesmo así, producíronse algunhas marcas e desempeños excepcionais e até atletas de países que apoiaron a acción americana acabaron participando individualmente baixo a bandeira olímpica.
Este comezo dos anos 80 representou o pior momento vivido polos Xogos Olímpicos e polo Comité Olímpico Internacional en toda a súa existencia, co, obviamente, xa agardado boicot pola URSS e os seus aliados ós Xogos seguintes nos Ánxeles, facendo que os seus dirixentes temesen pola extinción das Olimpíadas.