Xogos Olímpicos de 1988
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Xogos Olímpicos de 1988, oficialmente chamados Xogos da XXIV Olimpíada, foron realizados en Seúl, capital da Corea do Sur, entre o 17 de setembro e o 2 de outubro de 1988, coa participación récord de 159 países e 8.465 atletas, entre eles 2.194 mulleres.
Nome oficial | Spiller vun der XXIV. Olympiad |
---|---|
Tipo | Xogos Olímpicos de Verán |
Mascota | Hodori e Hosuni (pt) |
Composto por | bowling at the 1988 Summer Olympics Hipismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1988 Tênis nos Jogos Olímpicos de Verão de 1988 + ../... 34 |
Número de participantes | 159 8.397 |
Localización e Datas | |
Eventos olímpicos | 237 |
Deportes | 29 |
Localización | Estádio Olímpico de Seul (pt) (Seúl) 37°30′57″N 127°04′22″L |
País | Corea do Sur |
Intervalo de tempo | 17 de setembro de 1988 – 2 de outubro de 1988 |
Número de edición | 24 (1988) |
Aberto oficialmente por | Roh Tae-woo (pt) |
Xuramento feito por | Hur Jae (en) (deportista) Shon Mi-na (pt) (deportista) Lee Hak-rae (en) (árbitro) |
Facho acendido por | Chung Sunman (en) Kim Won-tak (en) Sohn Kee-chung |
Outro | |
Páxina web oficial | olympics.com… |
Após os boicots ocorridos nos xogos anteriores en Montreal, Moscova e Os Ánxeles, estes Xogos tiveron a presenza de estados de todo o planeta, a excepción de Corea do Norte, a súa veciña comunista, que non tivo atendido o seu pedido para unha co-participación como sede olímpica e de Cuba.
Países como Etiopía, Illas Seychelles e Nicaragua tampouco participaron debido a dificultades económicas para enviaren os seus equipos.
Os Xogos de Seúl lémbranse polo seu suceso máis escandaloso: o dopaxe do velocista canadense Ben Johnson, que conseguira unha medalla de ouro e unha marca mundial na proba dos 100 metros lisos.