Zoolóxico humano
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os zoolóxicos humanos, tamén chamadas exposicións etnolóxicas, foron unha serie de exhibicións levadas a cabo durante os séculos XIX e XX arredor de humanos erradamente considerados como nun estado primitivo, e describen unha actitude cultural de supremacía racial.[1][2] Seguiron o modelo implantado por Carl Hagenbeck, promotor das exhibicións humanas realizadas no Xardín de Aclimatación de París, e realizáronse dende a década de 1870, até principios da década de 1930.[3][4] Foi popularizado pola publicación en 2002 da obra Zoolóxicos humanos, escrito por varios historiadores franceses especialistas do fenómeno colonial.
As exposicións coloniais foron a ocasión de presentar ao público da metrópole unha mostra dos diferentes pobos colonizados, postos en escena, en situación forzada nun ambiente reconstruído.
Eufemisticamente tamén eran coñecidos como «exposicións etnolóxicas» ou «cidades de negros», salientando as diferenzas culturais entre as nacións occidentais e as non europeas. Estes zoos etnográficos foron criticados[5] por alevosamente degradantes da condición humana, e por racistas.