Época (astronomía)
From Wikipedia, the free encyclopedia
En astronomía, época, tamén chamada época das coordenadas, e unha data precisa a que fan referencia as coordenadas celestes calculadas para as estrelas. Tendo como orixe do termo o feito de que algúns dos movementos da Terra perceptibles, tales como o xiro sobre o seu eixo (día) e o xiro ó redor do Sol (ano) e outros no tan perceptibles, coñecidos co nome de precesión e nutación, enténdese logo que as coordenadas estelares muden, aínda que de xeito moi imperceptible, cada ano. Por esta razón resulta oportuno facer referencia a un preciso instante de tempo para o seu cálculo.