Usuário:Rei-artur/testes/4
De Wikipedia, a enciclopédia encyclopedia
O cubo de Rubik (ou tamén chamado o cubo máxico) é un puzzle mecánico inventado polo escultor e profesor de arquitectura húngaro Ernő Rubik no ano 1974[1]. Orixinalmente foi chamado "o cubo Máxico" polo seu inventor, pero o nome foi trocado máis adiante por Ideal Toys a cubo de Rubik[1]. Neste mesmo ano, gañou o premio alemán de "Xogo do Ano" (Spiel des Jahres).
Estímase que se teñen vendido máis de 900 millóns de cubos de Rubik ou imitacións ao longo do mundo enteiro. O seu mecanismo sinxelo sorprende tanto desde o punto de vista mecánico, ao estudar o seu interior, como pola complexidade das combinacións que se conseguen ao xirar as súas caras.