A conquista do Oeste
filme de 1962 dirixido por John Ford, Richard Thorpe, Henry Hathaway e George Marshall / From Wikipedia, the free encyclopedia
A conquista do Oeste (en inglés: How the West Was Won) é un filme épico de western estadounidense de 1962.[4] Foi un dos últimos filmes épico ao "estilo antigo" realizado por Metro-Goldwyn-Mayer que tivo grande éxito. O elenco multiestelar inclúe a Carroll Baker, Lee J. Cobb, Henry Fonda, Carolyn Jones, Karl Malden, Gregory Peck, George Peppard, Robert Preston, Debbie Reynolds, James Stewart, Eli Wallach, John Wayne e Richard Widmark. O filme está narrado por Spencer Tracy.
A conquista do Oeste | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | How the West Was Won |
Director | John Ford Henry Hathaway George Marshall |
Produtor | Bernard Smith |
Guión | James R. Webb |
Música | Alfred Newman |
Fotografía | William Daniels Milton Krasner Charles Lang Joseph LaShelle |
Montaxe | Harold F. Kress |
Estudio | Cinerama Releasing Corporation |
Distribuidora | Metro-Goldwyn-Mayer |
Estrea | 1 de novembro de 1962 (estrea en Londres) 20 de febreiro de 1963 (Estados Unidos) |
Duración | 164 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 14 483 000 dólares[1][2][3] |
Recadación | 50 millóns de dólares[3] |
Na rede | |
Ambientado entre 1839 e 1889, segue catro xeracións dunha familia cando se mudan dende o occidente do estado de Nova York ao océano Pacífico. O filme foi un dos só dous filmes dramáticos realizado co proceso de tres proxectores sobre pantalla curva chamado Cinerama, o que aumentou o seu impacto orixinal. A banda sonora foi cualificada no número 25 da lista de 100 bandas sonoras do American Film Institute. O filme foi un éxito de crítica e en 1997 foi seleccionado para a súa conservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".
Estreouse na Televisión de Galicia o 6 de xaneiro de 2003.[5]