Aeroporto de Orlando
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto internacional de Orlando (IATA: MCO, OACI: KMCO) é un gran aeroporto estadounidense situado a 10 quilómetros ao sueste de Orlando, Florida. É o segundo máis concorrido do estado de Florida, con preto de 42 millóns de pasaxeiros no ano 2016. Isto faino o 13º maior aeroporto dos Estados Unidos en termos de pasaxeiros.
Datos rápidos Orlando International Airport, Sumario ...
Aeroporto de Orlando Orlando International Airport | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Propietario/Operador | Greater Orlando Aviation Authority | ||
Localización | Orlando, Florida | ||
Elevación (msnm) | 29 metros / 96 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | https://orlandoairports.net/ | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
17L/35R | 2 743 | 9 001 | formigón |
17R/35L | 3 048 | 10 000 | formigón |
18L/36R | 3 659 | 12 005 | asfalto/cemento |
18R/36L | 3 659 | 12 004 | formigón |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 41 923 399[1] | ||
Pechar
O aeroporto serve como centro de conexións para Silver Airways, ademais de ser unha cidade focal para Frontier Airlines, JetBlue Airways e Southwest Airlines. Southwest Airlines é a aeroliña con máis presenza no aeroporto en termos de pasaxeiros transportados. O seu código IATA MCO procede do antigo nome do su antigo nome, Base Aérea McCoy, unha instalación do Mando Aéreo Estratéxico (SAC) que foi pechada en 1975.