Aeroporto de Sochi
aeroporto internacional de Sochi (Rusia) / From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto internacional de Sochi (IATA: AER, OACI: URSS) é un aeroporto situado no distrito de Adler da cidade rusa de Sochi, no krai de Krasnodar na costa do mar Negro. O aeroporto de Sochi está entre os dez máis grandes de Rusia, con 5 263 275 pasaxeiros no ano 2016.[1]
Aeroporto de Sochi Международный Аэропорт Сочи | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Propietario | Basel Aero | ||
Operador | JSC "Sochi International Airport" | ||
Cidade/Illa | Sochi | ||
Elevación (msnm) | 27 metros / 89 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | http://basel.aero/en/sochi/ | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
02/20 | 2 200 | 7 218 | asfalto |
06/24 | 2 890 | 9 482 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 5 263 275[1] | ||
O aeroporto está operado por unha compañía conxunta internacional do grupo Basic Element, Sberbank e Changi Airports International. Foi recoñecido como o mellor aeroporto rexional no 3º foro anual "Development of Russia and CIS airports – 2013".[2] O aeroporto de Sochi foi a principal porta de entrada durante os Xogos Olímpicos de Inverno de 2014. No mes de febreiro dese ano pasaron polas súas instalacións ao redor dos 350 000 pasaxeiros. Durante a celebración dos Xogos xestionáronse unhas 2 800 tonaledas de equipaxe.[3]