Airbus A220
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Airbus A220, anteriormente coñecido como Bombardier CSeries, é unha familia de reactores de pasaxeiros de fuselaxe estreita e alcance medio comercializada por Airbus pero deseñada e orixinalmente fabricada polo construtor canadense Bombardier Aerospace. Tras a participación de Airbus o avión é fabricado por CSeries Aircraft Limited Partnership (CSALP).
Airbus A220 | |
---|---|
CS300 durante o seu voo de estrea | |
Tipo | pasaxeiros |
Fabricante | Bombardier Aerospace CSALP (dende o 1 de xullo de 2018) |
Primeiro voo | CS100: 16 de setembro de 2013 CS300: 27 de febreiro de 2015 |
Introducido | 15 de xullo de 2016 |
Estado | en produción |
Produción | 2012 - presente |
Unidades construídas | 303 (novembro de 2023)[1] |
Os modelos da familia son o A220-100 (anteriormente CS100 e oficialmente BD-500-1A10) de entre 108 e 133 asentos, e o A220-200 (anteriormente CS300 e oficialmente BD-500-1A11) de 130 a 160 asentos. Inicialmente foron chamados C110 e C130 respectivamente. Na documentación de certificación a familia CSeries é designada Bombardier BD-500, co sufixo -1A10 para o CS100 e -1A11 para o CS300.[2]
A CSeries deseñouse para competir coa serie Boeing 737, a familia Airbus A320, e o Comac C919, ademais do reactor rexional da serie Embraer 190. Bombardier agarda que a CSeries consuma un 20% menos de combustible que os seus competidores.[3]
O CS100 realizou o seu primeiro voo o 16 de setembro de 2013. Bombardier anunciou en xaneiro de 2014 que a entrada en servizo do CS100 atrasaríase ata a segunda metade do ano 2015.[4] O voo de estrea do CS300 foi o 27 de febreiro de 2015, e espérse que entre en servizo seis meses despois que o seu irmán máis novo.