Alan Rickman
From Wikipedia, the free encyclopedia
Alan Sidney Patrick Rickman, nado o 21 de febreiro de 1946 en Acton (Londres) e finado o 14 de xaneiro de 2016,[1][2] foi un actor e director inglés de cine e teatro. Rickman foi membro da Royal Shakespeare Company, coa cal realizou producións modernas e clásicas. O seu primeiro gran papel foi o do Vizconde de Valmont na obra Les Liaisons Dangereuses en 1985, polo cal foi nomeado a un Premio Tony. Rickman acadou o recoñecemento internacional polas súas actuacións de Hans Gruber en Die Hard e de Severus Snape na serie de Harry Potter.
Outros papeis de sona no cine foron o de Sheriff de Nottingham en Robin Hood, príncipe dos ladróns, de Jamie en Truly, Madly, Deeply, do Coronel Brandon en Sense and Sensibility, de Harry en Love Actually, P.L. O'Hara en An Awfully Big Adventure, Alexander Dane en Galaxy Quest, e do Xuíz Turpin en Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street.
En 1995, Rickman foi galardoado co Globo de Ouro, un Emmy e un Screen Actors Guild pola súa interpretación de Rasputín en Rasputin: Dark Servant of Destiny. Gañou tamén un BAFTA polo seu papel de Robin Hood. Foi padriño do actor Tom Burke.[3]
Rickman morreu de cancro o 14 de xaneiro de 2016 con 69 anos.[4]