Alguén voou sobre o niño do cuco
Filme de 1975 dirixido por Miloš Forman / From Wikipedia, the free encyclopedia
Alguén voou sobre o niño do cuco (en inglés: One Flew Over the Cuckoo's Nest) é un filme americano de 1975 dirixido por Miloš Forman. A historia foi adaptada da novela de Ken Kesey E un voou sobre o niño do cuco. Na historia do cine, a película foi a primeira que gañou os cinco Premios Óscar máis cobizados (Mellor filme, Mellor actor protagonista, Mellor actriz protagonista, Mellor guión, e Mellor director) desde It Happened One Night (1934), un logro que non se volvería repetir ata 1991 co filme O silencio dos cordeiros. O filme foi rodado no Hospital Estatal de Oregón, en Salem.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: One Flew Over the Cuckoo's Nest.
Datos rápidos Alguén voou sobre o niño do cuco, Ficha técnica ...
Alguén voou sobre o niño do cuco | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | One Flew Over the Cuckoo's Nest |
Director | Miloš Forman |
Produtor | Saul Zaentz Michael Douglas |
Guión | Lawrence Hauben Bo Goldman |
Baseado en | E un voou sobre o niño do cuco de Ken Kesey |
Intérpretes | Jack Nicholson Louise Fletcher William Redfield Brad Dourif Danny DeVito Christopher Lloyd Will Sampson |
Música | Jack Nitzsche |
Fotografía | Haskell Wexler |
Montaxe | Richard Chew Sheldon Kahn Lynzee Klingman |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | 19 de novembro de 1975 6 de outubro de 1989 (TVG) |
Duración | 133 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $3 000 000[1] |
Recadación | $108 981 275 |
Na rede | |
Pechar
Estreouse en galego na TVG o 6 de outubro de 1989.[2]