Anxo e demo
filme de 1947 dirixido por James Edward Grant / From Wikipedia, the free encyclopedia
Anxo e demo (en inglés: Angel and the Badman) é un filme estadounidense de 1947 escrito e dirixido por James Edward Grant. Está protagonizado por John Wayne, Gail Russell, Harry Carey e Bruce Cabot.[2] Conta a historia dun pistoleiro ferido que é atendido por unha moza vaqueira e a súa familia. Anxo e demo foi o primeiro filme producido e protagonizado por Wayne, e foi innovador no seu xénero no momento da súa estrea.[3]
Datos rápidos Anxo e demo, Ficha técnica ...
Anxo e demo | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Angel and the Badman |
Director | James Edward Grant |
Produtor | John Wayne |
Guión | James Edward Grant |
Intérpretes |
|
Música | Richard Hageman |
Fotografía | Archie J. Stout |
Montaxe | Harry Keller |
Estudio |
|
Distribuidora | Republic Pictures |
Estrea | 15 de febreiro de 1947 |
Duración | 100 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Western |
Na rede | |
Pechar
En 1975, o filme pasou ó dominio público xa que os reclamantes dos seus dereitos erraron ó renovar o rexistro de dereitos de autor vinte e oito anos despois da súa publicación.[4]