Augustus De Morgan
From Wikipedia, the free encyclopedia
Augustus De Morgan, nado en Madurai (India) o 27 de xuño de 1806 e finado en Londres o 18 de marzo de 1871,[1] foi un matemático e lóxico británico.[2] Foi profesor de matemáticas no University College de Londres entre 1828 e 1866 e o primeiro presidente da Sociedade Matemática de Londres.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xuño de 1806 Madurai (pt) |
Morte | 18 de marzo de 1871 (64 anos) Londres |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Educación | Trinity College Universidade de Cambridge |
Actividade | |
Campo de traballo | Lóxica matemática |
Ocupación | matemático , avogado , profesor universitario , filósofo , lóxico |
Empregador | University College de Londres |
Profesores | George Peacock (pt) , William Whewell (pt) e John Philips Higman (en) |
Alumnos | Ada Augusta Lovelace |
Influencias | |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Sophia Elizabeth De Morgan |
Fillos | George De Morgan (en) , William De Morgan (pt) , Mary De Morgan (en) |
Pechar
É coñecido por formular as chamadas leis de De Morgan e por establecer un concepto rigoroso do procedemento, a indución matemática.[3]