Ban (título)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O ban era un título nobiliario en Croacia, atribuído ao gobernador do territorio do Reino de Croacia, que se chamaba banato. Tiñan poderes militares e civís.[1] En 1625, o ban croata pasou a formar parte da Cámara de Magnates de Hungría.[2] O cargo foi abolido en 1918.[1] O título tamén se usa en certas áreas de Hungría e Bosnia.[3] O termo Banato designaba en principio a unha provincia fronteiriza gobernada por un ban.
En Zagreb, atópase o Palacio do Ban, un edificio neobarroco que agora é a sede do goberno da República de Croacia. O seu bombardeo do 7 de outubro de 1991 supuxo un punto de inflexión na desintegración de Iugoslavia. [4]