Berlín
cidade capital de Alemaña / From Wikipedia, the free encyclopedia
Berlín[1][2] (en alemán: Berlin, [bɛɐ̯ˈliːn] (AFI), escoitar) é a capital e un dos dezaseis estados de Alemaña. Cunha poboación de 3,4 millóns nos límites do concello, Berlín é a meirande cidade do país xermano. Constitúe a segunda maior cidade da UE e a novena maior área metropolitana. Berlín atópase no nordeste do país, e constitúe o centro da área metropolitana Berlín-Brandeburgo, fogar de máis de 5 millóns de persoas de máis de 190 nacionalidades.[3][4]
Berlin (de) | |||||||||||||
Localización | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
Estado | Alemaña | ||||||||||||
Enclave en | Brandeburgo | ||||||||||||
Capital de | Alemaña (1990–) | ||||||||||||
Contén a división administrativa | Berlin-Mitte (pt) Charlottenburg-Wilmersdorf (pt) Friedrichshain-Kreuzberg (pt) Lichtenberg (pt) Marzahn-Hellersdorf (pt) Neukölln (pt) Pankow (en) Reinickendorf (pt) Spandau (pt) Steglitz-Zehlendorf (pt) Tempelhof-Schöneberg (pt) Treptow-Köpenick (pt) | ||||||||||||
Poboación | |||||||||||||
Poboación | 3.755.251 (2022) (4.214,08 hab./km²) | ||||||||||||
Lingua oficial | lingua alemá | ||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||
Parte de | |||||||||||||
Superficie | 891,12 km² | ||||||||||||
Bañado por | Río Spree, Großer Wannsee (pt) , Lake Tegel (en) , Havel, Dahme, Müggelsee (en) , Aalemannkanal (en) , Neukölln Ship Canal (en) , Luisenstadt Canal (en) , Teltow Canal (en) , Landwehrkanal (pt) , Westhafen Canal (en) , Gosen Canal (en) , Tegeler Fließ e Berlin-Spandau Ship Canal (en) | ||||||||||||
Altitude | 34 m | ||||||||||||
Punto máis alto | Arkenberge (121,9 m) | ||||||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||
Precedido por | |||||||||||||
Creación | 1244 | ||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||
Día festivo | |||||||||||||
Organización política | |||||||||||||
• Governing Mayor of Berlin (en) | Kai Wegner (2023–) | ||||||||||||
Órgano lexislativo | Abgeordnetenhaus of Berlin (en) , (Escano: 149) | ||||||||||||
Máxima autoridade xudicial | Constitutional Court of the State of Berlin (en) | ||||||||||||
Membro de | Federación Mundial de Cidades Turísticas IT Planning Council (en) Mayors for Peace (en) (1989–) Aliança Climática (pt) (1992–) Grupo C40 de Grandes Cidades para a Liderança Climática (pt) (2005–) Rede de cidades creativas (2006–) | ||||||||||||
Orzamento | 28.000.000.000 € (2018) | ||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||
Código postal | 10115–14199 | ||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||
Prefixo telefónico | 030 | ||||||||||||
ISO 3166-2 | DE-BE | ||||||||||||
Código NUTS | DE3 | ||||||||||||
Clave de rexión en Alemaña | 110000000000 | ||||||||||||
Número de municipio alemán | 11000000 | ||||||||||||
Outro | |||||||||||||
Irmandado con | Kíiv (2023–) | ||||||||||||
Páxina web | berlin.de… | ||||||||||||
Documentada por primeira vez no século XIII, ao longo da súa historia Berlín foi capital do Reino de Prusia (1701-1918), o Imperio alemán (1871-1918), a República de Weimar (1919-1933) e do Terceiro Reich (1933-1945).[5] Trala segunda guerra mundial, a cidade foi dividida; o Berlín do leste converteuse na capital da República Democrática Alemá mentres o Berlín do oeste converteuse na capital da Alemaña occidental, estando a cidade separada polo Muro de Berlín entre 1961-1989.[6] Trala Reunificación alemá en 1990, a cidade recuperou o seu status como capital de toda Alemaña.[7]