Lingua alemá
lingua indoeuropea / From Wikipedia, the free encyclopedia
O alemán[6] (Deutsch, en alemán) é unha lingua indoeuropea pertencente ao grupo das linguas xermánicas occidentais. É tamén a lingua que máis falantes nativos ten na Unión Europea. É a lingua máis falada e a lingua (co-) oficial de Alemaña, Austria, Suíza, Tirol do Sur (Italia), a comunidade xermánica de Bélxica e Liechtenstein. É tamén unha das tres linguas oficiais de Luxemburgo. As linguas máis semellantes ó alemán son outros membros da póla de linguas xermánicas occidentais: o afrikaans, o neerlandés, o inglés, o frisón, o baixo alemán, o luxemburgués e o yiddish. O alemán é a segunda lingua xermánica máis falada, despois do inglés.
Alemán Deutsch | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [dɔʏ̯tʃ] | |
Outros nomes: | en alemán denomínase tamén Hochdeutsch, Schriftdeutsch e Standarddeutsch | |
Falado en: | Austria, Alemaña, Bélxica, Liechtenstein, Luxemburgo, Voivodato de Opole (Polonia), Sopron (Hungría), Suíza, Trentino-Tirol do Sur (Italia)... | |
Rexións: | Europa central e occidental | |
Total de falantes: | 90 millóns (2010)[1] ou 95 millóns (2014)[2] Segunda lingua: 10–15 millóns (2014)[2][3] | |
Posición: | 11 | |
Familia: | Indoeuropea Xermánico Xermano occidental Alemán | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | 6 países
3 dependencias
| |
Regulado por: | Non ten regulación oficial (ortografía do alemán regulada polo Consello para a Ortografía Alemá)[4] | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | de | |
ISO 639-2: | ger (B) | deu (T) |
ISO 639-3: | deu
| |
SIL: | GER
| |
Mapa | ||
(Co-)oficial e lingua maioritaria Co-oficial, pero non lingua maioritaria Lingua de minoría cultural estatutaria Lingua de minoría non estatutaria | ||
Status | ||
Unha das meirandes linguas do mundo, o alemán é a primeira lingua de arredor de 95 millóns de persoas en todo o mundo e a lingua nativa máis falada da Unión Europea.[2][7] O alemán tamén é a cuarta lingua máis estendida (excluíndo o inglés) nos Estados Unidos de América[8] (despois do castelán, o francés e a lingua de sinais americana) e a terceira da Unión Europea (despois do inglés e o francés; como segunda lingua),[9] a segunda lingua máis común no eido científico[10] así como a cuarta máis empregada nas páxinas web (despois do inglés, do ruso e do xaponés).[11] Os países de fala alemá están clasificados no quinto posto en termos de publicacións anuais de libros, cunha décima parte de tódolos libros (incluíndo libros electrónicos) do mundo sendo publicados en lingua alemá.[12]
A maioría do vocabulario do alemán deriva da antiga póla xermánica da familia lingüística indoeuropea. Unha parte das palabras alemás derivan do latín e do grego, e só unhas poucas proveñen do francés e do inglés. Conta con diferentes variantes estandarizadas (de Alemaña, de Austria e Suíza), e é unha lingua pluricéntrica. Ó igual que o inglés, o alemán salienta polo seu amplo espectro dialectal, con moitas variantes existentes en Europa e tamén noutras partes do mundo.[2] Por mor a limitada intelixibilidade entre certas variedades e o alemán estándar, así como pola falta dunha diferenza científica e sen disputa entre "dialecto" e "lingua",[2] algunhas variedades ou grupos dialectais do alemán (véxase baixo alemán ou plautdietsch[13]) son coñecidas alternativamente como "linguas" e "dialectos".[14]