Betty Grable
actriz, cantante e bailarina estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Elizabeth Ruth Gable, nada en St. Louis (Missouri) o 18 de decembro de 1916 e finada en Santa Monica o 2 de xullo de 1973, foi unha actriz, cantante e bailarina estadounidense, coñecida como Betty Gable.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de decembro de 1916 St. Louis, Estados Unidos de América |
Morte | 2 de xullo de 1973 (56 anos) Santa Monica (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | cancro de pulmón |
Lugar de sepultura | Inglewood Park Cemetery (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Mary Institute and St. Louis Country Day School (en) Hollywood Professional School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación, canto e danza |
Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
Ocupación | cantante , actriz de teatro , actriz de televisión , actriz , actriz de cinema , bailarina , modelo , coverperson (en) |
Período de actividade | 1929 - |
Partido político | California Republican Party (en) |
Lingua | Lingua inglesa |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Cónxuxe | Harry James (1943–1965) Jackie Coogan (1937–1939) |
Pais | John Conn Grable (en) e Lillian Rose Hofman (en) |
Parentes | Virginia Pearson (pt) (curmán segundo) |
Premios | |
Páxina web | bettygrable.net |
|
A súa fotografía en traxe de baño, de costas e coa cabeza mirando por riba do seu ombro dereito, converteuna na pin-up girl número un na época da segunda guerra mundial. Posteriormente, foi incluída na listaxe das cen fotografías que cambiaron o mundo, elaborada pola revista Life.
Grable era moi coñecida polas súas pernas ben proporcionadas que exhibiu nos seus filmes musicais rodados en Technicolor para a 20th Century Fox e que o estudio asegurou por un millón de dólares cada unha coa aseguradora Lloyds de Londres nunha estratexia publicitaria.[1] Describindo a súa carreira, Grable dixo "convertinme en estrela por dúas razóns, e estou sobre elas".