CRC Pozuelo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Canoe Rugby Club Pozuelo ou CRC Pozuelo é unha entidade deportiva de Pozuelo de Alarcón (Comunidade de Madrid) adicada ó rugby, que compite na División de Honra. Conta cun dos palmarés máis importantes de España con cinco títulos de liga e dez de copa entre outros trofeos. Ten a súa sede na Cidade Deportiva Valle de las Cañas, onde disputa os seus encontros. Entre 2012 e 2014 o primeiro equipo masculino foi denominado Rugby Atlético de Madrid[1] por razóns comerciais.
Datos rápidos Nome, Alcume(s) ...
Nome | Club de Rugby CRC Pozuelo | |
---|---|---|
Alcume(s) | Canoe, piratas | |
Fundación | 1963 "Canoe" / 2002 "CRC" | |
Sede | Pozuelo de Alarcón | |
Estadio(s) | Valle de las Cañas | |
Capacidade | 500 asentos espectadores | |
Presidente | Javier Balmaseda | |
Adestrador | “Miki” Puerta” | |
Liga(s) | División de Honra | |
2023-24 | 10º | |
| ||
Na rede | ||
https://crcpozuelorugby.com/ |
Pechar
As cores tradicionais da entidade son o amarelo, o azul e o branco, herdadas do Real Canoe Natación Club no que naceu como sección de rugby en 1963 e do cal se independizou a comezos do século XXI.