Catedral de Chartres
From Wikipedia, the free encyclopedia
A catedral de Chartres, co nome completo de catedral da Asunción de Nosa Señora (en francés: cathédrale de l'Assomption de Notre-Dame), é unha igrexa catedralicia de culto católico baixo a advocación de Nosa Señora na vila de Chartres, no departamento de Eure e Loir, en Francia, a uns 80 quilómetros ao suroeste da capital, París. Así mesmo é a sé da diocese de Chartres, na arquidiocese de Tours.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Catedral de Chartres | |
---|---|
Catedral de Chartres | |
Datos xerais | |
País | Francia |
Rexión | Eure e Loir |
Tipo | Catedral |
Advocación | Nosa Señora |
Localización | Chartres |
Coordenadas | 48°26′52″N 1°29′16″L |
Catalogación | Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en Francia (1979). |
Culto | |
Culto | Igrexa Católica |
Diocese | diocese de Chartres (arquidiocese de Tours). |
Arquitectura | |
Construción | 1145-1260 |
Estilo | gótico |
Medidas | 130 x 46 m |
Páxina web | www |
[ editar datos en Wikidata ] |
Esta catedral marcou un fito no desenvolvemento do gótico e iniciou unha fase de plenitude no dominio da técnica e o estilo gótico, establecendo un equilibrio entre ambos os dous. É sumamente influente en moitas construcións posteriores que se basearon no seu estilo e as súas numerosas innovacións, como as catedrais de Reims e Amiens ás que serviu de modelo directo.
A figura máis importante na historia desta diocese foi o bispo Fulbert de Chartres, teólogo escolástico recoñecido en toda Europa.
En 1979 foi declarada, pola UNESCO, Patrimonio da Humanidade.
A construción iniciouse en 1145 e foi reconstruída após un incendio de 1194. Marca o clasicismo da arte gótica en Francia cun alzado da nave con 3 niveis: arquería, triforio e clarestorio.[1] A vasta nave, en puro estilo oxival, os adornos con estatuas finamente esculpidas de mediados do século XII e as magníficas fiestras con vidreiras dos séculos XII e XIII, todas en notábel estado de conservación, combínanse para formar unha obra inigualábel. Ten unha área superior a 10.000 m², 130 m de longo e unha largura máxima de 46 m.