Cepa (bioloxía)
From Wikipedia, the free encyclopedia
En bioloxía, unha cepa é unha variante xenética, un subtipo ou cultivo dunha especie biolóxica. As cepas adoitan considerarse conceptos artificiais, orixinados por un intento específico de illamento xenético.[1] Isto obsérvase máis claramente en microbioloxía, onde as cepas derivan dunha soa colonia de células e están tipicamente confinadas polas restricións físicas da placa de Petri. As cepas son propagadas e mantidas polo interese que teñen as súas cualidades definitorias. O concepto de cepa utilízase tamén en viroloxía, botánica e cos roedores usados en estudos experimentais.
Existen organismos científicos que conservan coleccións de cultivos tipo de microorganismos, nos cales a atribución taxonómica de cada clon está asegurada ata o nivel de cepa.