Chacho
futbolista español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Eduardo González Valiño, máis coñecido como Chacho, nado na Coruña o 14 de abril de 1911 e finado na mesma cidade o 21 de outubro de 1979, foi un futbolista e adestrador galego, que xogaba de interior esquerdo. Considerado unha das maiores figuras da historia do Deportivo da Coruña e un dos xogadores máis talentosos do fútbol galego,[1] desenvolveu case toda a súa carreira no club coruñés, do que é o máximo goleador histórico, con 113 goles.
Datos rápidos Información persoal, Nome ...
Chacho | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Eduardo González Valiño | ||
Nacemento | 14 de abril de 1911 | ||
Lugar de nacemento | A Coruña | ||
Falecemento | 21 de outubro de 1979 | ||
Lugar de falecemento | A Coruña | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1928–1934 | Deportivo da Coruña | 90 | (62) |
1934–1936 | Atlético de Madrid | 43 | (19) |
1936–1944 | Deportivo da Coruña | 74 | (24) |
1945–1946 | Xuvenil | 10 | (11) |
1945–1946 | Deportivo da Coruña | 4 | (1) |
1946–1947 | → Xuvenil | 10 | (9) |
Selección nacional | |||
1933–1934 | España | 3 | (7) |
Adestrador | |||
1936–1937 | Deportivo da Coruña | ||
1942 | Deportivo da Coruña | ||
1949–1950 | Bergantiños | ||
1950–1951 | Fabril | ||
1951–1952 | Deportivo da Coruña | ||
1955–1956 | Sporting Coruñés | ||
1958–1959 | Español SD | ||
1958–1959 | Galicia (xuvenís) | ||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Pechar
Foi internacional coa selección española entre 1933 e 1934, marcando 7 goles en 3 partidos. Ostenta a maior media goleadora da historia da selección e é o xogador do combinado español que máis goles conseguiu nun mesmo partido, cos 6 que logrou no seu debut ante Bulgaria.