Coliseum da Coruña
recinto multiúsos destinado a espectáculos na cidade da Coruña / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Coliseum da Coruña é un recinto multiúsos destinado a espectáculos, xestionado polo Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), situado no acceso principal á Coruña dende a autoestrada AP-9 e a autovía A-6. Foi deseñado polos enxeñeiros de camiños Jesús Ortiz Herrera, Juan A. Domínguez, María Jesús Izquierdo e Julio Martínez Calzón máis os arquitectos Salvador Pérez Arroyo[1], Javier García Alba; Fernando Río Durán e Berta Rodríguez Rodríguez.[2] Inaugurouse o 19 de maio de 1991, o 6 de xuño dese mesmo ano tivo lugar o primeiro concerto, do músico Sting.[3]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Coruña.
Datos rápidos Datos, Localización ...
Coliseum da Coruña | |
---|---|
Vista frontal cos despachos de billetes. | |
Datos | |
Localización | A Coruña, Galiza |
Construción | |
Inauguración | 19 de maio de 1991 |
Arquitecto | VV. AA. |
Estadio | |
Capacidade | 10.000 espectadores |
Eventos | |
I Fase da Euroliga 1991-1992 de baloncesto Copa do Rei 2016 de baloncesto |
Pechar