Copa de Portugal
competición de fútbol de Portugal / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Copa de Portugal (en portugués: Taça de Portugal) é unha competición de fútbol de Portugal. Trátase da máis importante competición portuguesa en formato de copa, así como da segunda competición nacional máis prestixiosa do país, por detrás da Primeira Liga. Dispútase anualmente dende a tempada 1938/39, cando sucedeu ao Campionato de Portugal, utilizando o mesmo trofeo pero cambiando o nome e o formato da competición. Está organizada pola Federación Portuguesa de Fútbol.
Copa de Portugal | |
---|---|
Fundación | 1921 como Campionato de Portugal 1938 como Copa de Portugal |
Rexión | |
Equipos | 156 |
Internacional | Europa League |
Actual campión | Porto (18º título) |
Máis laureado | Benfica (26) |
Televisión | TVI Sport TV Canal 11 |
Organizador | PFP |
Sitio web | fpf.pt |
Dispútana todos os clubs da Primeira Liga, da Segunda Liga, da Terceira Liga, do Campionato de Portugal e algúns representantes dos Campionatos de Distrito. Os equipos filiais non poden participar. Xógase segundo o sistema de eliminación directa a partido único, a excepción das semifinais que se xogan a ida e volta. Desde 2015 denomínase Taça de Portugal Placard por motivos de patrocinio.[1]
A conquista do torneo dá acceso directo á fase de grupos da Europa League. A final xógase no Estadio Nacional do Jamor, en Oeiras, e o trofeo é tradicionalmente entregado polo Presidente da República Portuguesa.
O primeiro vencedor do torneo foi o Académica, mentres que o club máis laureado é o Benfica, con 26 títulos.