Deseño web
posta en funcionamento e mantemento de sitios web / From Wikipedia, the free encyclopedia
O deseño web é unha actividade que consiste na planificación, deseño, posta en funcionamento e mantemento de sitios web. Non é simplemente a introdución do deseño convencional xa que se abarcan diferentes aspectos como o deseño gráfico web, deseño de interface e experiencia de usuario, como a navegabilidade, interactividade, usabilidade, arquitectura da información; interacción de medios, entre os que podemos mencionar son, texto, imaxe, ligazóns, vídeo e a optimización de motores de procura. A miúdo moitas persoas traballan en equipos que cobren os diferentes aspectos do proceso de deseño, aínda que existen algúns deseñadores independentes que traballan sós.[1]
A unión dun bo deseño cunha xerarquía ben elaborada de contidos, aumenta a eficiencia da web como canle de comunicación e intercambio de datos, que brinda posibilidades como o contacto directo entre o produtor e o consumidor de contidos.
O deseño web viu ampla aplicación nos sectores comerciais de Internet especialmente na World Wide Web. A miúdo a web utilízase como medio de expresión plástica en si. Artistas e creadores fan das páxinas en Internet un medio máis para ofrecer as súas producións e utilizalas como unha canle máis de difusión da súa obra.