Dólar estadounidense
moeda dos Estados Unidos de América / From Wikipedia, the free encyclopedia
O dólar estadounidense[2] ou dólar americano[2][3] (tamén abreviado co símbolo $ ou coa súa abreviatura alfabética estándar internacional USD) é a moeda de curso legal dos Estados Unidos, as súas dependencias e outros países. O dólar é a moeda de reserva internacional máis importante do mundo e tamén a máis utilizada nas transaccións internacionais.[4] A súa condición de divisa de referencia mundial converteuna na moeda oficial de varios países e a moeda de facto en moitos outros,[5] que utilizan o seu papel moeda para as transaccións correntes ou dan un tipo de cambio fixo ás súas divisas nacionais respecto ao dólar. A política monetaria dos Estados Unidos está a cargo do Sistema da Reserva Federal, que actúa como o banco central da nación e que tamén se encarga da emisión dos dólares. O código ISO 4217 para esta moeda é USD.
Dólar estadounidense | |
---|---|
US Dollar en inglés | |
Moeda de 1 centavo | Billete de 1 dólar |
Código: | USD |
Ámbito: | Estados Unidos Outros países americanos: Caribe Neerlandés, Ecuador, O Salvador, Porto Rico, Panamá, Turks e Caicos, Illas Virxes Británicas, Illas Virxes Estadounidenses Outros países oceánicos: Guam, Illas Marshall, Estados Federados de Micronesia, Illas Marianas do Norte, Palau, Samoa Americana, Timor Oriental, Territorio Británico do Océano Índico,[1] e na área insular dos Estados Unidos Resto do mundo: Zimbabue |
Símbolo: | $ |
Fracción: | Cen centavos ou cents Dez décimos ou dimes |
Moedas: | 1 cent, 5 cents, 1 dime, 1/4 dólar, 1/2 dólar e 1 dólar |
Billetes: | 1, 2, 5, 10, 20, 50 e 100 dólares |
Emisor: | Reserva Federal dos Estados Unidos |
Taxa de troco: 15-2-2014 | 1 EUR = 1,37 USD |
Troco actual |
Esta divisa creouse en 1792, coa aprobación da Coinage Act, que introduciu o dólar, dividido en 100 centavos e cun valor igual ao do real da 8 español e a autoridade para a cuñaxe de moedas denominadas en dólares e centavos. O dólar estadounidense, cuxa cor máis característica e historicamente predominante foi o verde nos seus billetes, caracterizouse na súa orixe polo bimetalismo: o seu valor quedou fixado en 24.057 gramos de prata fina ou, desde 1837, en 1.505 gramos de ouro ou 20.67 dólares por onza troy. A Gold Standard Act de 1900 rompeu co bimetalismo ao vincular ao dólar unicamente co ouro. O dólar converteuse nunha moeda de reserva de importancia desde o final da primeira guerra mundial e desprazou á libra esterlina como principal moeda de reserva no mundo tras o acordo de Bretton Woods, ao final da segunda guerra mundial. En 1934, revisouse a súa equivalencia co ouro ata os 35 dólares por onza troy, valor que mantería ao longo de varias décadas,[6] ata que en 1971 quedou definitivamente desvinculada do patrón oro,[6] polo que a divisa converteuse, de facto, nunha moeda fiat.[7]
Aínda que a emisión desta clase de dólares só faise nos Estados Unidos, catorce países máis usan o nome «dólar» para a súa moeda. Pola súa banda, outras nacións como Ecuador, O Salvador, Panamá e Timor Oriental, por medio de ratificacións e acordos ou como substitución dun circulante propio debilitado, elixírono como moeda oficial e medio legal de pago.
En xuño de 2021, a moeda física en circulación ascendía a 2100 millóns, 2050 millóns dos cales estaban en forma de billetes da Reserva Federal e os 50 millóns restantes en forma de moedas estadounidenses e outros bonos ou billetes.[8]
O dólar emprégase como divisa internacional e nas transaccións internacionais de ouro ou petróleo. Dos 700.000 millóns de dólares en circulación en 2004 entre a metade e os dous terzos están fóra dos Estados Unidos.