Eilat (en hebreo: אֵילַת e en árabe: إيلات) é a máis meridional das cidades do Estado de Israel, cun importante porto e un concorrido resort internacional. Sitúase no Distrito Meridional de Israel, na exigua costa que o país ten sobre o golfo de Eilat na rexión sur do Deserto do Negev, no extremo sur do Aravá. A súa poboación en 2016 era duns 50.072 habitantes [1] A cidade sitúase ao carón da poboación exipcia de Taba ao sur e coa cidade portuaria xordana de Aqaba ao leste, e a vista de Arabia Saudita ao sueste, cruzando o golfo. O seu nome deriva da bíblica cidade Elath, que adoita identificarse hoxe en día coa veciña Aqaba. As praias da cidade, a vida nocturna e as paisaxes do deserto, converten a cidade nun destino popular para o turismo nacional e internacional.
Datos rápidos Localización, Poboación ...
Pechar
O abrasante calor do Negev, un dos máis áridos desertos do planeta, queda suavizado pola situación costeira de Eilat: as augas do mar Vermello axudan a suavizar as altas temperaturas, gozando a cidade dun clima idóneo que fixo unha das máis importantes atraccións turísticas de Israel. O reclamo turístico queda completado coa existencia de formacións coralinas, moi apreciadas polos submarinistas, e as expedicións de aventura ao interior do Negev.