Escola peripatética
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Escola Peripatética foi un círculo filosófico da Grecia antiga que seguía basicamente as ensinanzas de Aristóteles, o fundador. Fundada no c. 336 a. C. 336 a. C., cando Aristóteles abriu a primeira escola filosófica no Liceo de Atenas, durou até o século IV . "Peripatético" (en grego clásico περιπατητικός), é a palabra grega para 'camiñante' ou 'itinerante'.[1] Chamábanse peripatéticos (ou 'os que andan') os discípulos de Aristóteles, debido ao hábito do filósofo de ensinar ao aire libre, camiñar lendo e dando conferencias, baixo os portais cubertos do Liceo, coñecidos como peripates, ou baixo árbores que o rodeaban.
A escola sempre tivo unha orientación empírica, en oposición á Academia platónica, moito máis especulativa. Esta característica acentúase cando Teofrasto asume a dirección.
O membro máis famoso da Escola peripatética despois de Aristóteles foi Estratón de Lámpsaco, que incrementou os elementos naturais da filosofía de Aristóteles e adoptou unha forma de deísmo.
Outros membros destacados da escola peripatética foron Aristóxeno de Tarento, Sátiro o Peripatético, Eudemo de Rodas, Andrónico de Rodas, Critolau, Alexandre de Afrodisias ou Temistio.