Euroleague
From Wikipedia, the free encyclopedia
A EuroLeague, tamén comunmente coñecida como Euroliga, é a actual máxima competición de clubs de baloncesto de Europa e está organizada pola Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB) dende o seu nacemento na tempada 2000-2001, substituíndo á extinta Copa de Europa de Baloncesto. Naquel entón, as asociacións de clubs españois, italianos e gregos impulsaron unha ruptura coa Federación Internacional de Baloncesto (FIBA), organizadora da histórica Copa de Europa, para crear unha nova competición no marco da ULEB (que a xestiona mediante a empresa Euroleague S.L.) e, así, tentar obter maiores ingresos económicos.
EuroLeague | |
---|---|
Fundación | 1957 (FIBA) 2000 (formato actual) |
Rexión | FIBA Europa |
Equipos | 18 |
Actual campión | Anadolu Efes (2º título) |
Máis laureado | Real Madrid (10 títulos) |
Televisión | Euroleague TV (52 canles) |
Lema | I Feel Devotion |
Sitio web | www.euroleague.net |
En novembro de 2004[1][2] comezou unha nova etapa para a Euroliga pois a ULEB e a FIBA resolveron as súas disputas. Un dos acordos alcanzados foi o recoñecemento da Euroliga como máximo torneo europeo de clubs por parte de FIBA Europa. A competición é retransmitida por televisión en 197 países e mesmo pode ser vista por 200 millóns de espectadores chineses cada semana, así como nos Estados Unidos, en NBATV.