Factor reumatoide
From Wikipedia, the free encyclopedia
O factor reumatoide (FR ou RF polas súas siglas en inglés) é o primeiro autoanticorpo que se encontrou na artrite reumatoide. Defínese como un anticorpo contra a porción Fc da IgG e diferentes factores reumatoides poden recoñecer distintas partes do complexo IgG-Fc.[1] O factor reumatoide e a IgG únense para formar inmunocomplexos que contribúen ao proceso da enfermidade.[2]
O factor reumatoide pode tamén ser unha crioglobulina (anticorpo que precipita ao arrefriar unha mostra de sangue); pode ser unha crioglobulina de tipo 2 (IgM monoclonal a IgG policlonal) ou tipo 3 (IgM policlonal a IgG policlonal).
Aínda que se encontra predominantemente como IgM, o factor reumatoide pode ser de calquera dos isotipos de inmunoglobulinas, é dicir, IgA, IgG, IgM,[3] IgE,[4] e IgD.[5]