Fay Wray
From Wikipedia, the free encyclopedia
Vina Fay Wray, nada en Alberta o 15 de setembro de 1907 e finada en Nova York o 8 de agosto de 2004, foi unha actriz canadense que desenvolveu a súa carreira nos Estados Unidos e adquiriu recoñecemento internacional pola súa interpretación do papel principal de King Kong (1933).[1] Destacou como actriz en filmes de terror que lle valeron o alcume de «A Raíña do Berro».[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de setembro de 1907 Cardston, Canadá (pt) |
Morte | 8 de agosto de 2004 (96 anos) Manhattan (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | doenza |
Lugar de sepultura | Hollywood Forever Cemetery (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Canadá Estados Unidos de América |
Educación | Hollywood High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación cinematográfica |
Ocupación | actriz de cinema , actriz de televisión , actriz , guionista |
Período de actividade | 1923 - |
Partido político | Partido Republicano |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Robert Riskin (1942–1955) John Monk Saunders (1928–1939) |
Pais | Joseph Heber Wray (en) e Elvira Marguerite Jones (en) |
Premios | |
|
Despois de lograr breves papeis cinematográficos, gañou a atención da prensa pública cando foi seleccionada como unha das WAMPAS Baby Stars.[3] Isto levou a que Wray fose contratada por Paramount Pictures, coa que realizou máis dunha ducia de filmes, entre eles The Wedding March (1928), o seu primeiro papel como protagonista.
Despois de abandonar a Paramount, asinou contratos con diferentes compañías cinematográficas que inicialmente a lanzaron como actriz de filmes de terror; durante esa etapa, destacou polas súas interpretacións en The Bowery (1933) e Viva Villa! (1934), ambas protagonizadas por Wallace Beery.[4]
Para RKO Radio Pictures, protagonizou o seu filme máis representativo, King Kong.[4] Tralo éxito deste, Wray apareceu no cinema e na televisión con personaxes importantes ata a súa retirada definitiva como actriz en 1980. En total participou en preto de 100 filmes, tanto mudos como sonoros.