Fullmetal Alchemist
From Wikipedia, the free encyclopedia
Fullmetal Alchemist (鋼の錬金術師, Hagane no Renkinjutsushi?, lit. «O alquimista de aceiro», tamén coñecida como Full Metal Alchemist, FMA ou Hagaren, abreviatura en xaponés) é unha serie manga escrita e ilustrada por Hiromu Arakawa. A súa primeira adaptación ao anime foi dirixida por Seiji Mizushima e a segunda por Yasuhiro Irie. O mundo de Fullmetal Alchemist ten un estilo steampunk, similar ao de logo da Revolución industrial europea. Nese universo ficticio no que a alquimia é unha das técnicas científicas máis avanzadas coñecidas polo ser humano, a historia céntrase nos irmáns Edward e Alphonse Elric, uen queren restaurar os seus corpos por medio da pedra filosofal tras un errado intento de resucitar á súa nai a través da alquimia. [8]
FullMetal Alchemist | |||
---|---|---|---|
鋼の錬金術師 (Hagane no Renkinjutsushi) | |||
Xénero | Acción, Aventura, Shōnen | ||
Manga | |||
Creado por | Hiromu Arakawa | ||
Editor | Square Enix | ||
Publicado en | Shōnen Gangan | ||
| |||
Primeira edición | agosto do 2001 | ||
Última edición | |||
Núm. de volumes | 23 | ||
Anime Fullmetal Alchemist | |||
Dirixido por | Seiji Mizushima | ||
Estudio | BONES | ||
Canle televisiva | MBS-TBS, Animax. | ||
| |||
Primeira emisión | 4 de outubro do 2003 | ||
Última emisión | 2 de outubro do 2004 | ||
Núm. de capítulos | 51 | ||
Anime Fullmetal Alchemist: Brotherhood | |||
Dirixido por | Yasuhiro Irie | ||
Estudio | BONES | ||
Canle televisiva | MBS-TBS | ||
| |||
Primeira emisión | 5 de abril de 2009 | ||
Última emisión | |||
Núm. de capítulos | 51 | ||
Película | |||
| |||
OVAS e Novela lixeira | |||
|
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O manga comezou a publicarse en agosto de 2001 pola editorial Square Enix (Tamén famosa polos seus videoxogos), na revista mensual xaponesa Shōnen Gangan e componse ata novembro de 2009 por 23 volumes recopilados en tankōbon.[9] O manga foi adaptado a unha serie de anime producida por BONES ata que chegou ao seu final cun total de 51 episodios.[10] O anime foi emitido no Xapón desde o 4 de outubro de 2003 ata o 2 de outubro de 2004 polas canles de televisión MBS-TBS e Animax. Máis tarde, estreouse a película Fullmetal Alchemist: Conquistador de Shamballa, unha secuela que concluíu a historia do anime.[11] Posteriormente creouse unha segunda serie de anime chamada Fullmetal Alchemist: Brotherhood,que se comezou a transmitir no Xapón o 5 de abril de 2009 por MBS-TBS, a cal é máis fiel ao argumento do manga.[12] A serie tamén deu lugar a unha novela lixeira, múltiples OVA, CD drama e diversos videoxogos, así como á comercialización de moitos tipos de mercancías baseadas nos personaxes da franquía, xogos de cartas coleccionables e varios libros suplementarios. A versión en español do manga é publicada por Norma Editorial en España.[13]
Tanto o anime como o manga alcanzaron un grande éxito dentro e fóra do Xapón. No ano 2004, o manga obtivo o premio Shōgakukan na categoría shōnen, un dos premios máis prestixiosos, que se entrega anualmente no Xapón, aínda que nesta ocasión quedou empatado coa serie Yakitate!! Japan;[14] no 2003 o anime gañou o premio Anime Grand Prix na categoría «Mellor anime»,[15] e no 2007 gañou o premio American Anime Awards en cinco categorías distintas.[16] Así mesmo, nunha clasificación publicada por TV Asahi sobre os cen mellores anime do 2006, , Fullmetal Alchemist alcanzou o primeiro posto,[17] e para marzo de 2008 vendéronse máis de trinta millóns de copias do manga no Xapón.[18]