Gran Premio de Suecia de 1974
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Suecia de 1974 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 9 de xuño de 1974 no Scandinavian Raceway en Anderstorp, Suecia. Foi a sétima carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1974.
Datos rápidos Detalles da carreira, Pole position ...
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 7 de 15 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1974. | ||
Trazado do circuíto de Escandinavia | ||
Data | 9 de xuño de 1974 | |
Nome oficial | Gran Premio de Suecia | |
Localización | Scandinavian Raceway, Anderstorp, Suecia | |
Percorrido | Circuíto permanente 4.018 km km | |
Distancia | 80 voltas, 321´440 km. km | |
Clima | Seco, asollado | |
Pole position | ||
Piloto | Patrick Depailler | Tyrrell-Ford |
Tempo | 1:24.758[1] | |
Volta rápida | ||
Piloto | Patrick Depailler | Tyrrell-Ford |
Tempo | 1:27.262[2] na volta 72 | |
Podio | ||
Primeiro | Jody Scheckter | Tyrrell-Ford |
Segundo | Patrick Depailler | Tyrrell-Ford |
Terceiro | James Hunt | Hesketh-Ford |
Pechar
A carreira foi totalmente dominada polos dous Tyrrell - Cosworth 007 de Jody Scheckter e Patrick Depailler. Depailler logrou a pole position, pero Scheckter gañoulle por 0.380 segundos na carreira, para sumar a súa primeira vitoria. Esta carreira marcou a primeira vitoria dun piloto surafricano nunha carreira do Campionato do Mundo.