Hetmanato (1918)
institución política ucraína de goberno (1918) / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Hetmanato (en ucraíno: Гетьманат, Hetmanat), tamén coñecido como Atamanato, II Hetmanato (en ucraíno: II Гетьманат, II Hetmanat), Estado de Ucraína e Estado ucraíno (en ucraíno: Українська держава, Ukraínska derzhava) foi unha institución política ucraína de Goberno, cunha moi curta existencia na Historia de Ucraína.
Українська Держава (uk) | |||||
Himno | Shche ne vmerla Ukrainy | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Kíiv | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 25.000.000 | ||||
Lingua oficial | lingua ucraína | ||||
Relixión | Cristianismo ortodoxo | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 29 de abril de 1918 | ||||
Disolución | 14 de decembro de 1918 | ||||
Sucedido por | República Popular de Ucraína | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | autocracia ditadura | ||||
• Hetman of Ukraine (en) | Pavel Skoropadski (pt) (1918–1918) | ||||
Moeda | Ukrainian karbovanets (en) | ||||
Foi instaurada, co apoio das Potencias Centrais, o 28 de abril de 1918 polos cosacos ucraínos e algunhas organizacións militares, despois da desbandada da Rada Central da República Popular de Ucraína, no marco da primeira guerra mundial, manténdose até o 14 de decembro do mesmo ano.
A figura política destacada foi o xeneral Pavló Skoropadski, que exerceu en forma persoal o poder, por riba da proclamación teórica do país como unha monarquía.
O territorio deste efémero Estado hoxe forma parte de Ucraína, Rusia, Belarús, Moldavia e Polonia.