Historia de Portugal
From Wikipedia, the free encyclopedia
A historia de Portugal é a propia dunha nación europea cuxas orixes remontan á Baixa Idade Media, cando o condado portucalense se independizou do reino de León. Ampliou os seus territorios durante a Era dos Descubrimentos ata crear un vasto imperio e converténdose nunha potencia mundial entre os séculos XV e XVI. Portugal entrou en decadencia perdendo gran parte da súa riqueza e status, o que comezou pola perda da súa forza militar e naval no desastre Alcacer-Kibir, e da súa frota, que foi incorporada á Armada Española, o que non permitiu que o país defendese as súas posesións de ultramar. Volveu ser arruinado en 1755 coa destrución case total da súa capital por un terremoto, a comezos do século XIX coas guerras napoleónicas e en 1822 coa independencia da súa maior colonia, Brasil. Unha revolución en 1910 depuxo a monarquía, pero a República foi incapaz de liquidar os problemas dun país inmerso na conflitividade social, a corrupción e os enfrontamentos coa Igrexa. En 1926 un golpe de estado deu paso a unha ditadura que se mantivo no poder ata 1974, cando unha revolución de militares demócratas impuxo a democracia. Ao ano seguinte, Portugal declarou a independencia de todas as súas posesións en África. É socio fundador da OTAN, OECD e a EFTA. En 1986 ingresou na CEE, actual Unión Europea.
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde marzo de 2011) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2013.) |
| ||
Serie Historia de Portugal | ||
---|---|---|
Portugal na prehistoria | ||
Portugal prerromano | ||
Romanización: Lusitania e Gallaecia | ||
Visigodos e Suevos | ||
Dominio árabe e a Reconquista | ||
Condado Portucalense | ||
Independencia de Portugal | ||
Dinastía de Borgoña | ||
Crise de 1383-1385 | ||
Dinastía de Avis | ||
Descubrimentos e Expansión Portuguesa | ||
Imperio portugués | ||
Crise sucesoria de 1580 | ||
Dinastía Filipina | ||
Restauración da Independencia | ||
Dinastía de Braganza | ||
Terremoto de Lisboa de 1755 | ||
Guerra Peninsular | ||
Revolución Liberal (24/08/1820) | ||
Vilafrancada e Abrilada | ||
Guerras liberais | ||
Convención de Évora-Monte | ||
Revolución de Setembro, Revolta dos Marechais e Patulea | ||
Rexeneración e Fontismo | ||
O mapa cor-de-rosa e o ultimato británico | ||
Revolución do 5 de outubro de 1910 e Proclamación da República | ||
Goberno Provisorio | ||
I República | ||
Ditadura militar e o Estado Novo | ||
Guerra de Ultramar | ||
Revolución dos Caraveis | ||
III República | ||
Por tópico | ||
Historia militar | ||
Historia diplomática | ||
Historia cultural | ||
Categoría: Historia de Portugal |