Illa do Príncipe
From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa do Príncipe é a máis pequena das dúas illas principais de San Tomé e Príncipe. Ten unha área de 136 km² e unha poboación estimada en 2006 de 6.737[1] persoas. A súa altura máxima é o Pico do Príncipe (948 m), localizado ao sur da illa e que forma parte da área forestal do Parque Nacional Obo. O norte e centro da illa foron antigas plantacións que agora están sendo reforestadas. Administrativamente, esta illa constitúe, desde 29 de abril de 1995, unha rexión autónoma, formada polo distrito de Pagué.
Illa do Príncipe | |
---|---|
Localización de Príncipe | |
Situación | |
País | San Tomé e Príncipe |
Capital | Santo António |
Coordenadas | 01°37′N 07°24′L |
Xeografía | |
Superficie | 136 km² km² |
Punto máis alto | 948 m. Pico do Príncipe |
Demografía | |
Poboación | 6.737 hab. (2006) |
Lingua propia | portugués, o principense ou Lunguyê e o forro. |
Os idiomas que se falan na illa son o portugués, o principense ou Lunguyê e o forro.
A illa ten un pobo Santo António e un aeroporto, así como algunhas pequenas vilas incluíndo Bela Vista, Bombom, Futuro, Neves Ferreira, Paciencia, Ponta Fonte, Ribeira Ize, San Antonio de Ureca, Vila Rosa e outras máis, conectadas por unha pequena rede de camiños.