Kareem Abdul-Jabbar
baloncestista estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Kareem Abdul-Jabbar (en árabe: كريم عبد الجبار Karīm ‘Abd al-Jabbār), nado co nome de Ferdinand Lewis Alcindor, Jr. en Harlem (Nova York) o 16 de abril de 1947, é un antigo xogador de baloncesto estadounidense que militou en Milwaukee Bucks e Los Angeles Lakers da NBA dende 1969 até 1989. Era coñecido como Lew Alcindor antes de que trocase o seu nome a finais de 1971, varios anos despois de converterse ao islam, ao que chegou despois de ler unha autobiografía de Malcolm X.[1]
Kareem Abdul-Jabbar | |
---|---|
Posición | Pivote |
Dorsal | 33 |
Altura | 2,18 m (7 ft 2 in) |
Peso oficial | 102 kg (224 lb) |
Nacemento | 16 de abril de 1947 (77 anos) Nova York, NY |
Carreira | |
Universidade | UCLA |
NBA Draft | 1969 / Rolda: 1 / Elección: 1 Por Milwaukee Bucks |
Tempadas | 1969–1989 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 38 387 (24,6 pp) |
Rebotes | 17 440 (11,2 pp) |
Tapóns | 3 189 (2,6 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Basketball Hall of Fame como xogador | |
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Abdul-Jabbar deixou o baloncesto á idade de 42 anos como o máximo anotador e taponador da historia da NBA, ademais de posuír a marca de máis MVP da Tempada con seis e ser o xogador que máis All-Star Game disputou. A súa lista de logros persoais e colectivos é talvez a máis impresionante na historia da liga: Rookie do ano da NBA, campión da NBA en sete ocasións, seis como xogador cos Bucks e Lakers e unha como adestrador asistente dos Lakers, dúas veces MVP das Finais da NBA, 19 veces All-Star e dúas veces máximo anotador da liga, entre outros moitos. Tamén posúe 8 marcas de playoffs e 7 de All-Star.
A pesar do seu incrible éxito na pista, non foi até o ocaso da súa carreira que Abdul-Jabbar gañou por fin o afecto dos afeccionados ao baloncesto. Foi un home reservado que evitaba á prensa e que ás veces parecía distante. "Son o peor entre os mozos malos", dixo unha vez á revista The Sporting News. Durante a tempada 1988-89, a súa última en activo, Abdul-Jabbar foi honrado en cada cancha da liga.