Lingua manchú
From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua manchú[3] (ᠮᠠᠨᠵᡠ
ᡤᡳᠰᡠᠨ manju gisun) é unha lingua tungús seriamente ameazada que se fala no nordeste da China; foi a lingua nativa do pobo manchú e unha das linguas oficiais da dinastía Qing (1636–1911). O tungús é o subgrupo máis pequeno das linguas altaicas, no que o manchú é a única que aínda se fala.[4] A maioría dos manchús falan mandarín. Segundo datos da UNESCO, existen 10 falantes nativos de manchú dunha etnia que comprende 10 millóns de persoas.
Datos rápidos Manchú ᠮᠠᠨᠵᡠ ᡤᡳᠰᡠᠨ manju gisun, Códigos de lingua ...
Manchú ᠮᠠᠨᠵᡠ ᡤᡳᠰᡠᠨ manju gisun | ||
---|---|---|
Falado en: | China | |
Rexións: | Manchuria e Xinjiang | |
Total de falantes: | 20 aproximadamente[1] | |
Familia: | Altaica Tungús Tungús do sur Manchú | |
Escrita: | Alfabeto manchú | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | mnc | |
ISO 639-3: | mnc
| |
Mapa | ||
Status | ||
Pechar
Este artigo amosa letras manchús. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |