Lucia di Lammermoor
ópera de Gaetano Donizetti / From Wikipedia, the free encyclopedia
Lucia di Lammermoor (en galego, Lucía de Lammermoor) é unha ópera en tres actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Salvatore Cammarano, baseado na novela The Bride of Lammermoor de Sir Walter Scott.[3] Trátase dunha das principais óperas do belcanto e é, xunto con Don Pasquale e L'Elisir d'Amore, da ópera máis representada de Donizetti na actualidade.
Forma | Ópera |
---|---|
Actos e escenas | 3 actos e 7 escenas |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Salvatore Cammarano |
Fontes literarias | The Bride of Lammermoor de Sir Walter Scott |
Estrea | 26 de setembro de 1835 |
Teatro da estrea | Teatro di San Carlo |
Lugar da estrea | Nápoles |
Duración | 2 horas 30 minutos[1] |
Música | |
Compositor | Gaetano Donizetti |
Personaxes | |
Lucía Ashton (soprano lixeira ou lírica) |
A acción transcorre nas terras escocesas de Lammermoor a finais do século XVI, nun momento de crise política e relixiosa, e conta a historia do amor de Sir Edgardo de Ravenswood e Lucia, irmá de Lord Enrico Asthon, que pactou a voda da moza cun nobre rico. Aproveitando a ausencia do namorado, e por medio dunha proba de infidelidade, Lord Enrico consegue que se celebre a voda, xusto no momento en que volta Sir Edgardo. Nun acto de tolemia, Lucia apuñala o seu home na cama nupcial.