Luisiana
estado dos Estados Unidos de América / From Wikipedia, the free encyclopedia
Luisiana,[1][2] ou Louisiana,[3] é un dos 50 estados do Estados Unidos de América. Localízase no sur do país, á beira do golfo de México.
State of Louisiana (en) | |||||
Himno | Give Me Louisiana (en) (1970) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Union, Justice, Confidence» | ||||
Símbolo oficial | Pelecanus occidentalis (aves) | ||||
Alcume | Pelican State | ||||
Nomeado en referencia a | Lois XIV de Francia | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Capital | Baton Rouge | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.657.757 (2020) (34,4 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 1.751.956 (2020) | ||||
Lingua oficial | sen valor | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 135.382 km² | ||||
Auga | 17,52 % | ||||
Bañado por | Golfo de México, Río Mississippi, Lago Pontchartrain (pt) e Rio Sabine (pt) | ||||
Altitude | 30 m | ||||
Punto máis alto | Monte Driskill (pt) (163 m) | ||||
Punto máis baixo | Nova Orleáns (−2 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 30 de abril de 1812 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of Louisiana (en) | ||||
• Governador da Luisiana (pt) | John Bel Edwards (pt) (2016–) | ||||
Órgano lexislativo | Louisiana State Legislature (en) , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Louisiana Supreme Court (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | US-LA | ||||
Identificador GNIS | 1629543 | ||||
Páxina web | louisiana.gov |
A historia, economía e cultura de Luisiana está moi asociada ao río Mississippi, o río máis longo do país, que desemboca no golfo de México. O inmenso delta do río localízase en Luisiana. A rexión onde actualmente se localiza Nova Orleáns, actualmente a maior cidade do estado, foi inicialmente explorada por franceses. Estes exploradores partiron de Quebec, e, seguindo o río Mississippi, chegaron á rexión onde actualmente se localiza o estado de Luisiana. Posteriormente, o Mississippi, servindo como unha ruta de grande importancia, fixeron do estado un gran polo de transportes.
Desde o final do século XVIII, Luisiana destacou por ser unha rexión multicultural. Foi colonizada inicialmente polos franceses, e formaba parte da provincia colonial de Luisiana, parte da Nova Francia. Pasou a control español en 1763, e novamente a control francés en 1800, para pasar definitivamente a control americano en 1803. A súa economía dependía inicialmente da agricultura, e utilizou grandes cantidades de escravos nos labores agrícolas. A partir do século XIX instaláronse no estado un gran número de alemáns, irlandeses e italianos, e o estado pasou a industrializarse. Actualmente, a economía do estado depende primariamente do refino e distribución de petróleo e derivados.
Luisiana foi bautizada así polo primeiro explorador que explorou a rexión, o francés René Robert Cavelier de La Salle, en homenaxe ao rei Lois XIV de Francia. Chamáselle tamén The Pelican State, que significa "O Estado Pelicano": os pelicanos eran moi comúns no litoral do estado, aínda que actualmente estean ameazados de extinción.