Mahoma
líder relixioso, político e militar árabe, fundador do islam / From Wikipedia, the free encyclopedia
Mahoma[1] (en árabe: محمّد - Muḥammad) ou Abū al-Qāsim Muḥammad ibn ʿAbd Allāh ibn ʿAbd al-Muṭṭalib ibn Hāshim,[2] nado o 26 de abril do 569/570 na Meca e finado o 8 de xuño do 632[3] en Medina (ambas as dúas cidades fican na actual Arabia Saudita), foi un líder relixioso, político e militar árabe. Fundou o islam, relixión na que é considerado o maior profeta do Deus de Abraham.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2013.) |
Ilustración do século XV dunha copia dun manuscrito de Al Biruni que representa a Mahoma predicando O Corán na Meca. | |
Nome orixinal | (ar) أَبُو الْقَاسِمِ مُحَمَّدُ بْنُ عَبْدِ اللهِ بْنِ عَبْدِ الْمُطَّلِبِ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de abril do 569/570 A Meca, actual Arabia Saudita |
Morte | 8 de xuño do 632 (62 ou 63 anos) Yazrib (Arabia Saudita), hoxe en día Medina, no Hejaz (Arabia Saudita) |
Lugar de sepultura | Sacred Prophetic Chamber (en) |
Datos persoais | |
Residencia | Medina (622–632) A Meca (570–622) |
Grupo étnico | Árabes |
Relixión | Hanif (en) e Islam |
Coñecido por | Fundar o islam |
Actividade | |
Ocupación | pastor , predicador , político , Profetas do islão (pt) , consignor (en) , comerciante , líder militar |
Interesado en | Monoteísmo, Islam, Corán e Estado islâmico (pt) |
Alumnos | Anas ibn Malik (en) , Abd Allah ibn Abbas (en) , Uqbah ibn Amir (en) e Zayd ibn Thabit (en) |
Lingua | Lingua árabe clásica |
Carreira militar | |
Conflito | Expeditions of Muhammad (en) , Batalha de Badr (pt) , Batalha de Uhud (pt) , Batalha da Trincheira (pt) , Battle of Khaybar (en) , Battle of Hunayn (en) e Battle of Tabouk (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Familia | Banu Hashim (en) |
Cónxuxe | Khadija bint Khuwaylid (595–619) Sawda bint Zamʿa (619–632) Aisha bint Abi Bakr (619–632) Hafsa bint Umar (624–632) Zaynab bint Khuzayma (625–627) Hind bint Abi Umayya (625–632) Zaynab bint Jahsh (627–632) Juwayriyya bint al-Harith (628–632) Ramla bint Abi Sufyan (628–632) Rayhana bint Zayd (629–631) Safiyya bint Huyayy (629–632) Maymunah bint al-Harith (630–632) Maria al-Qibtiyya (630–632) |
Fillos | Qasim `Abd-Allah Ibrahim Zainab Ruqayyah Umm Kulthoom Fatimah Zahra |
Pais | Abd Allah ibn Abd al Muttalib e Amina binte Uabe (pt) |
Parentes | Ali ibn Abi Talib (xenro, male pure masculine first cousin (en) ) Halimah bint Abi Dhuayb (en) (milk kinship (en) ) Hamza ibn ‘Abd al-Muttalib (en) (tío paterno, milk kinship (en) ) Abu Talib (pt) (tío paterno) Abd al-Mutalib (pt) (avó paterno) Hasan ibn Ali (pt) (daughter's son (en) ) Hussein ibn Ali (daughter's son (en) ) Zaynab bint Ali (en) (daughter's daughter (en) ) Al-Abbas ibn Abd al-Muttalib (tío paterno) Abu Lahab (pt) (tío paterno) Safiyyah bint ‘Abd al-Muttalib (en) (tia parterna (pt) ) Harith ibn ‘Abd al-Muttalib (en) (tío paterno) Az-Zubayr ibn ‘Abd al-Muttalib (en) (tío paterno) Umm Kulthum bint Ali ibn Abi Talib (en) (daughter's daughter (en) ) |
Cronoloxía | |
14 de setembro de 622 | Héxira |
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Aos 40 anos de idade, segundo a tradición do islamismo, foille confiada por Deus (a través do Arcanxo Gabriel) a mensaxe do islam na forma do Corán. Tamén segundo a doutrina musulmá, na relixión musulmá, considérase a Mahoma «o selo dos profetas» (jātim al-anbiyā' خاتم الأنبياء), o último dunha longa cadea de mensaxeiros enviados por Deus para actualizar a súa mensaxe, entre cuxos predecesores contaríanse Abraham, Moisés e Xesús de Nazaret. Á súa vez, o Bahaísmo venérao como un profeta ou "Manifestación de Deus", cuxas ensinanzas serían actualizadas polas de Bahá'u'lláh (1817-1892), fundador desta relixión.[4]
Mahoma como figura política, unificou varias tribos árabes, o que permitiu as conquistas árabes daquilo que daría en ser un imperio islámico que se estendeu ata Europa.
Usualmente, cando un musulmán se refire a Mahoma, Xesús ou outro dos seus profetas, inmediatamente despois do nome di ou escribe que "a Paz e Beizón de Deus estean sobre el" ou expresión equivalente noutra lingua (frecuentemente árabe), ou incluso usa a sigla desa expresión (en árabe é "SWAS"). Os musulmáns non o consideran un ser divino senón un ser humano; con todo, el é visto como un dos máis perfectos entre os seres humanos.
Mahoma segundo a tradición islámica foi analfabeto e así se pode interpretar a Surah 7.157-8 do Corán coa que concordan a maioría dos teólogos islámicos, aínda que hai serias dúbidas que realmente o fose[5]. Mahoma tivo 9 esposas, ou 12 se incluímos as escravas.