Mar Arxentino
mar / From Wikipedia, the free encyclopedia
O mar arxentino[1][2][3] é un sector do océano Atlántico que cobre a plataforma continental adxacente ás costas da República Arxentina. Definido como unha rexión ecolóxica, o mar arxentino é un mar epicontinental, e comprende a zona desde a boca do estuario do Río da Prata polo norte (paralelo 35º Sur) ata a illa dos Estados polo sur, e desde a costa arxentina ata a isobata dos 200 metros de profundidade, que inclúe ás illas Malvinas.[4] Definido como un límite político, coincide coa zona económica exclusiva definida pola Arxentina na súa porción continental e as illas Malvinas, incluíndo parte do banco Namuncurá ou Burdwood (aproximadamente 56º 30' Sur). É dicir ata as 350 millas náuticas (370´4 km) da liña de base costeira.[5] O seu ancho varía entre 210 quilómetros fronte a Mar da Prata e 850 na latitude das Illas Malvinas. A liña costeira prolóngase por 4.725 km.[6] Ao leste do Mar Arxentino esténdese a aínda máis extensa e moito máis profunda conca Arxentina.
Mar Arxentino | |
---|---|
Mar Argentino | |
Localización administrativa | |
Estado | Arxentina |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Atlántico |
Continente | América |
Coordenadas | 46°S 63°O |
Xeografía | |
Illas interiores | Illas Malvinas, Arquipélago de Terra de Fogo |
Afluentes | Río da Prata, Río Colorado, Río Negro, Río Chubut, Río Deseado |
Características | |
Superficie | 1.782.500 km² |
Anchura máxima | 210-850 km. |
Profundiade máxima | 2.224 m. |
Profundidade media | 200 m. |
Outros datos | |
Costas | 4.725 km. |
Mapa | |