Mar Caribe
mar entre as costas orientais de América Central e as setentrionais de América do Sur / From Wikipedia, the free encyclopedia
O mar Caribe é un mar tropical situado entre as costas orientais de América Central e as setentrionais de América do Sur. Tamén é chamado mar das Antillas por seren estas illas os seus límites polo norte (Grandes Antillas) e polo leste (Pequenas Antillas de Barlovento). Ao noroeste comunica co golfo de México a través da canle do Iucatán, e co océano Atlántico polas numerosas canles que se abren entre a grilanda que forman as Antillas. Ten unha área aproximada de 2 754 000 km² e alberga máis de 7 000 illas, illotes e arrecifes, moitos dos cales son moi pequenos e están deshabitados, que conforman a chamada rexión do Caribe. As illas cobren aproximadamente 235 688 km²; sendo Cuba a máis grande de todas.[1]
Mar Caribe | |
---|---|
Mar das Antillas | |
Localización administrativa | |
Estado | Aruba Antiga e Barbuda Barbados Belize Colombia Costa Rica Cuba Curaçao Dominica Estados Unidos Francia Granada Guatemala Haití Honduras Xamaica México Nicaragua Panamá Países Baixos Porto Rico República Dominicana Saint Kitts e Nevis San Vicente e as Granadinas Santa Lucía Trinidad e Tobago Venezuela |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Atlántico |
Continente | América (Central e do Sur) |
Arquipélago | Illas de Barlovento, Illas de Sotavento, San Andrés e Providencia, Illas do Millo, Illas da Baía, Os Canarreos, Xardíns da Raíña, Illas Caimán |
Illa/s | Antillas |
Xeografía | |
Mares contiguos | Golfo de México |
Illas interiores | Antillas Maiores e Antillas Menores (véxase Illas do mar Caribe) |
Afluentes | Magdalena, Atrato, San Juan, Coco, Motagua |
Accidentes | |
Golfos e baías | Golfos de Darién, Honduras, Morrosquillo, Urabá, Los Mosquitos e Venezuela |
Estreitos | Canle do Iucatán, paso dos Ventos e canal da Mona |
Características | |
Superficie | 2 763 800 km² |
Profundiade máxima | 7.686 m (fosa das illas Caimán) |
Outros datos | |
Primeira exploración | Cristovo Colón (1492) |
Mapa | |
Mapa mundial mostrando o Caribe: Azul = Mar Caribe Verde = Antillas | |
Mapa político dos límites marítimos no mar Caribe e o golfo de México | |
O seu fondo elévase na parte media formando un gran relevo desde as costas de Honduras e Nicaragua ata a illa de Xamaica. As maiores profundidades acádanse ao NO deste promontorio submarino, sendo o punto máis profundo a fosa das Illas Caimán, entre Cuba e Xamaica, con 7 686 metros de profundidade.[1] O resto do mar Caribe ten unha profundidade máis uniforme que raramente supera os 5 500 metros. A profundidade media é de 2 200 metros.[1]
Tódolos países da zona -especialmente os das illas- son coñecidos como Caribe. Os principais países e territorios caribeños son:
- En América Central: México (península do Iucatán), Belize, Guatemala, Honduras, Costa Rica e Panamá.
- En América do Sur: Colombia (Rexión Caribe) e Venezuela.
- Grandes Antillas: Cuba, Xamaica, Haití e a República Dominicana na illa da Española e Porto Rico.
- Pequenas Antillas: Illas Virxes, divididas en británicas e estadounidenses, Antiga e Barbuda, Saint Kitts e Nevis, Guadalupe (departamento francés de ultramar), Dominica, Martinica (departamento francés de ultramar), Santa Lucía, Barbados, San Vicente e as Granadinas, Granada, Trinidad e Tobago, e as holandesas de Aruba, Curaçao e Bonaire (as dúas últimas forman parte das Antillas Neerlandesas).