Maya Plisetskaya
From Wikipedia, the free encyclopedia
Maya Mikhailovna Plisetskaya (en ruso: Майя Михайловна Плисецкая), nada en Moscova (Unión Soviética) o 20 de novembro de 1925 e finada en Múnic (Alemaña) o 2 de maio de 2015, foi unha das máximas bailarinas de ballet do Teatro Bolshoi, á cal se lle outorgou o título de prima ballerina assoluta.[1] Destacou por ser a mellor da súa época en papeis como Lebedínoye óziero, Don Quixote, Carmen Suite (ballet feito para ela) e a peza musical La Mort du cygne. En 1993 concedéuselle a cidadanía española.[2][3]
(2011) | |
Nome orixinal | (ru) Майя Михайловна Плисецкая |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 20 de novembro de 1925 Moscova, Rusia |
Morte | 2 de maio de 2015 (89 anos) Múnic, Alemaña |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España (1993–) Alemaña Rusia Unión Soviética Lituania |
Actividade | |
Campo de traballo | Ballet |
Ocupación | Bailarina, mestra de ballet, coreógrafa, actriz |
Período de actividade | 1943 - |
Lingua | Lingua rusa |
Outro | |
Título | Prima ballerina assoluta (en) |
Cónxuxe | Rodion Shchedrin (1958–2015) Māris Liepa (1956–1956) |
Parella | Warren Beatty |
Pais | Mikhail Plisetski (en) e Rachel Messerer (en) |
Irmáns | Azari Plisetski (en) e Alexander Plisetski (en) |
Parentes | Sulamith Messerer (pt) (sobriña) |
Premios
| |
Páxina web | shchedrin.de |
|
Un dos símbolos indiscutibles da danza clásica, foi a prima ballerina assoluta dunha xeración que incluíu a Margot Fonteyn, Alicia Alonso e Yvette Chauviré. Está considerada pola maioría dos especialistas en danza a bailarina máis destacada da segunda metade do século XX.