Mbanza-Kongo
capital da provincia de Zaire, en Angola / From Wikipedia, the free encyclopedia
Mbanza-Kongo, coñecida anteriormente como São Salvador en portugués dende 1570 a 1975, é a capital da provincia de Zaire,[1][2] en Angola, cunha poboación de 148 000 persoas (2014).[3] Mbanza Kongo (ou propiamente Mbanza Koongo ou Kôngo na maioría das ortografías aceptables) foi fundada algún tempo antes da chegada dos portugueses en 1483, e foi a capital da dinastía Kilukeni que gobernaba nese momento. O lugar foi abandonado temporalmente durante as guerras civís do século XVII. Atópase preto da fronteira de Angola coa República Democrática do Congo, no cumio dunha impresionante montaña de cima plana, ás veces chamada Mongo a Kaila (montaña da división) porque as lendas recentes lembran que o rei creou os clans do reino e enviounos dende alí. Ao sur do val discorre o río Luezi. En 2017, Mbanza Kongo foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.[4]
M'banza-Kongo (pt) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Angola | |||
Provincias | Provincia de Zaire | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 148.000 (2014) (237.942,12 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 0,622 km² | |||
Altitude | 408 m | |||
Organización política | ||||
Membro de | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | Río de Xaneiro (2022–) | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → ? | |||
Data | 2017 (41ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iii), (iv) e (vi) | |||
Identificador | 1511 | |||
Patrimonio de influencia portuguesa | ||||