Michelle Kwan
patinadora artística sobre xeo estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Michelle Wingshan Kwan[1] (关颖珊 en chinés simplificado; 關穎珊 en chinés tradicional e Guān Yǐngshān en pinyin), nada en Torrance (California) o 7 de xullo de 1980 é unha patinadora artística estadounidense.
Na súa traxectoria deportiva obtivo dúas medallas nos Xogos Olímpicos (prata en Nagano 1998 e bronce en Salt Lake City 2002), campioa do mundo en cinco ocasións (1996, 1998, 2000, 2001 e 2003) e nove veces no Campionato de patinaxe sobre xeo dos Estados Unidos de América (1996 e de 1998 a 2005).
Kwan competiu nun alto nivel durante unha década e é a patinadora que máis premios recolleu na historia estadounidense.[2] É coñecida pola súa consistencia e expresividade na pista de patinaxe no xeo ao mesmo tempo que considerada unha das mellores patinadoras de todos os tempos.[3][4][5]
Durante máis dunha década, Kwan foi considerada unha das deportistas femininas máis populares do país.[6]