Mofeta
From Wikipedia, the free encyclopedia
As mofetas son os mamíferos pertencentes á familía dos mefítidos (Mephitidae). Caracterízanse pola súa capacidade de lanzar un líquido cun forte cheiro desagradable polas súas glándulas anais para escorrentar a outros animais. As diferentes especies de mofetas varían en aparencia desde a pelaxe branca e negra á marrón ou cor crema, pero todas teñen coloracións de advertencia. A especie máis famosa é Mephitis mephitis. Son esencialmente americanas, pero engadíronse recentemente dúas especies asiáticas relacionadas. Durante moito tempo eran consideradas mustélidos ata que estudos xenéticos fixeron que se separasen nunha familia propia.
Máis información Mofetas, Clasificación científica ...
Mofetas | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mephitis mephitis | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Áreas de distribución dos xéneros | |||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||
Conepatus |
Pechar