Mstislav Rostropovich
From Wikipedia, the free encyclopedia
Mstislav Leopoldovich Rostropovich (en ruso: Мстисла́в Леопо́льдович Ростропо́вич, Mstislav Leopol'dovič Rostropovič, pronunciado [rəstrɐˈpɔvʲɪtɕ]), nado o 27 de marzo de 1927 en Bakú[1] (Acerbaixán) e finado o 27 de abril de 2007 en Moscova, coñecido tamén como "Slava", foi un violonchelista e director ruso. É considerado coma un dos mellores violonchelistas do século XX e mesmo por algúns coma o mellor violonchelista de tódolos tempos[Cómpre referencia]. Foi dedicatario de moitas obras de compositores do seu tempo, estreando arredor de 100 obras, e sendo o principal artífice da multiplicación do número de obras para violonchelo no século XX.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar